martes, 21 de abril de 2015

ROMEO E XULIETA

O próximo venres, os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º imos de concerto s Santiago de Compostela. No Auditorio de Galicia terá lugar un concerto didáctico con títeres, no que a partir da música de Romeo e Xulieta de Sergei PROKOFIEV e o texto de William SHAKESPEARE, a Filharmonía de Galicia, xunto co grupo de títeres "Per Poc", representarán unha das historias máis coñecidas no noso continente. Unha historia que aínda segue inspirando a moitas persoas adicadas á literatura, ao cómic ou ao cine, entre outras. E pensamos que pode ser esta unha boa maneira de pechar unha semana adicada con agarimo especial aos libros.
Compañía "Per Poc"


martes, 14 de abril de 2015

WHEN A MAN LOVES A WOMAN

Seguro que moitos e moitas de vós coñecedes esta canción que leva por título "When a man loves a woman" ("Cando un home ama a unha muller"). É un tema composto por Calvin Lewis y Andrew Wright, e gravado por PERCY SLEDGE no ano 1966. Este cantante estadounidense, que faleceu o 14 de abril aos 73 anos, foi unha das grandes figuras do soul a finais dos anos sesenta, e esta foi a súa canción máis coñecida, que formou parte da banda sonora de moitas películas e foi versionada por outros músicos en varias ocasións.