martes, 11 de diciembre de 2012

CANTOS E XOGOS DE GARGANTA

No 1º ciclo viaxamos moi lonxe, moi lonxe..., e chegamos ao Polo Norte. Alí viven os INUIT, que teñen un canto moi característico e moi diferente ao que nós estamos acostumados a escoitar. Coñécese como xogos ou cantos de garganta, e o certo é que é espectacular o control que amosan do aparato fonador para que soen desa maneira.
Mirade e ESCOITADE:

DHOOM TAANA

Aquí tedes un dos temas que eliximos en 4º, para incluír no noso traballo sobre a música hindú. Trátase dunha canción que pertence á banda sonora da película Om Shamti Om. 
As escenas musicais son unha das características máis representativas da industria cinematográfica coñecida popularmente como "Bollywood" (palabra resultante da mestura entre Bombay -a cidade máis poboada da India- e Hollywood -o centro da industria do cine americano-).
A música é moi pegadiza e invita a bailar!!!


ANI KUNI

Os nenos e nenas de Infantil aprenderon esta coñecida canción dos indios do Canadá. Con ela, as tribos acompañaban a DANZA DO LUME. 
A letra di:
ANI KUNI UA UA NI
WA WA WA NIKANA SAENA
UA UA NI PIT SI NI.
A través desas palabras están dicindo que nas noites de lúa ilumínanse a selva, os prados... E os vellos lobos da tribo cantan ao espírito do lume.
Aquí vos deixamos dous enlaces para que a ensaiedes moito: