sábado, 31 de marzo de 2012

Maestro

Maestro, de Géza M. Tóth, é unha curtametraxe húngara realizada no ano 2005. Trátase dun vídeo ben bonito e orixinal tamén moi relacionado coa campaña dos bosques que estamos desenvolvendo durante este curso desde a Biblioteca do cole. Pero non quero dar  máis pistas... Disfrutádeo!!!

martes, 27 de marzo de 2012

Pedro e o lobo

En 1º andamos a escoitar e traballar esta obra de Sergéi PROKÓFIEV. E para non olvidar qué instrumentos representan aos diferentes personaxes, podedes entrar neste xogo creado pola Orkestra Euskadiko.

E se queredes ver os debuxos animados de Walt Disney, aquí tedes o vídeo:



sábado, 24 de marzo de 2012

Día Mundial da Árbore

Con motivo da celebración do Día Mundial da Árbore, o pasado mércores viaxamos ata Eirón (no concello de Mazaricos) para plantar castiñeiros, e así de guapos saíron no xornal ao día seguinte as nenas e nenos de 2º coa súa mestra.

Ao día seguinte, na clase de Música vimos un vídeo sobre a REFORESTACIÓN, elaborado polos alumnos do Máster de Produción e Xestión Audiovisual, que chegou a nós a través de Voz Natura. 

viernes, 23 de marzo de 2012

Para ser mestra hoxe...

Imaxe de Leandro Lamas.

Ingredientes:
-Vocación.
-Ilusión.
-Comprensión e amor.
-Paciencia.
-Improvisación.
-Humildade.

Preparación:
Remexer ao gusto de cada quen, so probando unha e outra vez conseguiremos ir mellorando a nosa receita. Ademais, como mestres non podemos deixar de aprender, así que ese camiño de aprendizaxe común entre meniños, mestres, comunidade educativa, etc. (o COMPARTIR), é o verdadeiramente importante!


http://www.lacittadeibambini.org/spagnolo/interna.htm
http://educacion-orcasur.blogspot.com.es/

Como mestra de música, engadir un fragmento de Murray Schafer extraído da súa obra El rinoceronte en el aula (1975), onde recolle 10 puntos moi interesantes a ter en conta aínda hoxe en día: 

miércoles, 14 de marzo de 2012

A carraca

O termo "carraca" pode referirse a:

1- Instrumento musical de percusión do grupo dos IDIÓFONOS de son indeterminado. Consiste nunha roda dentada de madeira que ao xirar fai vibrar unha lámina fixa de madeira flexible.

Instrumento musical
Chamada tamén MATRACA ou CARRACO, nalgúns campanarios de catedrais e igrexas substituían ás campás. A súa misión era facer calar á multitude. Agora, moitas atópanse en mal estado, pero outras aínda se poden escoitar durante a Semana Santa. Así ocorre en Santiago de Compostela, onde se reconstruíu a carraca da Catedral no ano 2010. Desde entón, a enorme carraca (os seus brazos miden 2 metros) soa o venres e o sábado santos.
Carraca da Catedral de Santiago
Queres escoitala? Pincha no seguinte enlace:








2- Ave europea migratoria que pasa o inverno en África. Aínda que non é moi común en Galicia, pode verse en ocasións ao final do verán. Soe aniñar nas árbores ou entre penedos, en zonas de clima cálido. Aliméntase de insectos, aínda que tamén pode comer lagartos e rás. De tamaño mediano, destaca a súa plumaxe azul e o seu canto, semellante ao do instrumento musical. A ti que che parece?


miércoles, 7 de marzo de 2012

O metal e as súas cores

Mañán, 8 de marzo, imos de concerto a Santiago de Compostela!!! O programa será interpretado por instrumentos de vento-metal: trompeta, trombón de varas, trompa e tuba. Estarán acompañados tamén pola batería e polo acordeón. Nas últimas clases de música escoitamos, bailamos e acompañamos obras relacionadas con este grupo de instrumentos. 
Celebraremos, pois, o Día Internacional da Muller Traballadora con música!!!